FORMADORES DIXITAIS
Do espazo físico ao espazo virtual
Déixanos os teus datos, avisarémoste para a seguinte edición!
O prazo de inscrición finalizou o 02/10/2022
QUÉ É #FORMADORESDIXITAIS?
#FormadoresDixitais é un proxecto da Xunta de Galicia para formar en competencias dixitais a docentes galegos do ámbito da formación para o emprego, e en concreto para capacitalos para impartir formación presencial virtual.
Dende a irrupción da enfermidade COVID-19, a actividade formativa viuse obrigada a parar, ou no mellor dos casos, a cambiar na forma na que se levaba a cabo, con alumnos e formadores na casa. Se ben a normalidade está recuperada, a formación presencial virtual ten xa un gran oco como alternativa ou complemento á formación presencial.
Precisamos unha transformación dixital dos formadores e formadoras, para adaptarse aos novos tempos e as novas necesidades, e continuar a liderar o noso desenvolvemento como sociedade e como país.
A QUÉN VA DIRIXIDO?
#FormadoresDixitais está dirixido a:
- Docentes que estén impartindo ou impartiran dende o ano 2020 (incluido) algún curso dentro do ámbito da formación para o emprego (cursos para desempregados e/ou para traballadores en activo dentro dos ámbitos profesionais) ou en Escolas Obradoiro.
- Persoas emprendedoras cun proxecto empresarial no ámbito da formación online.
- Orientadores laborales, que estén en activo dentro del período de inscrición.
En tódolos casos deberán ser residentes en Galicia na data de solicitude
¡80 PRAZAS DISPOÑIBLES!
METODOLOXÍA E CONTIDOS
-
MÓDULO 1
Reset - eLearning - Recursos - Ferramentas online
-
MÓDULO 2
Sesións virtuais
-
MÓDULO 3
Contidos dixitais
-
MÓDULO 4
Humanización - Comunicación online
-
MÓDULO 5
Deseño de actividades - Avaliación online
-
MÓDULO TRANSVERSAL
Acreditación docente para teleformación: Formador/a on line
MÓDULOS FORMATIVOS
Inicio 6 de outubro
Finalización 15 de decembro
100% online
Acceso 24h/7d
Obxetivos
- Coñecer as bases para transformar a formación en modalidade presencial á modalidade presencial virtual.
- Transpoñer as metodoloxías actuais dos formadores a entornos virtuais.
- Reducir a curva de aprendizaxe dos formadores a través de coñecemento e ferramentas dixitais.
- Crear unha comunidade de coñecemento de formadores.
150 horas lectivas
Píldoras formativas e webinars en directo
Proxecto final
Tutorización e comunidade online
EQUIPO DOCENTE
Laura Gutierrez
Deseñadora de contenidos elearning
O prazo de inscrición finalizou o 02/10/2022
PROCESO DE INSCRICIÓN
-
Envía os teus datos a través do formulario desta páxina web.
-
Como resposta, recibirás un correo electrónico no email facilitado, con indicacións adicionais e unha ligazón para realizar a solicitude de praza, na que deberás adxuntar a seguinte documentación:
- CV
- Copia do DNI ou tarxeta de residencia en Galicia.
- Documento acreditativo de impartir formación para o emprego ou un Obradoiro de Emprego entre o ano 2020 e a actualidade (contrato, certificado de empresa,... donde se evidencie claramente este feito).
- De ser o caso de optar como emprendedor/a, plan de empresa ou memoria xustificativa do proxecto empresarial emprendedor no eido da formación online.
- De ser o caso de optar como orientador/a laboral, documentación acreditativa de estar en situación en activo desenvolvendo traballo específico de orientación laboral. - O mercores 5/10 enviarase un email con información do resultado da selección a tódolos solicitantes. Os candidatos admitidos ou en reserva deberán aceptar as condicións e compromisos do curso.
- O xoves 06/10 comeza a formación de #FormadoresDixitais.