FORMADORES DIXITAIS
Do espazo físico ao espazo virtual

Solicita a túa praza!
O prazo de inscrición finalizou. Deixa os teus datos para avisarte en próximas edicións
QUE É #FORMADORESDIXITAIS?
#FormadoresDixitais é un proxecto da Xunta de Galicia para formar en competencias dixitais a docentes galegos do ámbito da formación para o emprego, e en concreto para capacitalos para impartir formación presencial virtual.
Con motivo da irrupción da COVID-19, a actividade formativa viuse obrigada a parar, ou no mellor dos casos, a cambiar na forma na que se levaba a cabo, con alumnos e formadores na casa. Se ben estamos a recuperar a normalidade, a formación presencial virtual xa non é só unha necesidade de urxencia, senón que acaba de facerse un gran oco como alternativa ou complemento á formación presencial.
Precisamos unha transformación dixital dos formadores e formadoras, para adaptarse aos novos tempos e as novas necesidades, e continuar a liderar o noso desenvolvemento como sociedade e como país.


A QUEN VAI DIRIXIDO?
#FormadoresDixitais está dirixido a:
- Docentes que están a impartir na actualidade ou que xa impartiron dende o ano 2018 (inclusive) algún curso dentro do Plan de Acccións Formativas dirixidas prioritariamente a Desempregados (AFD) da Xunta de Galicia.
- Persoas emprendedoras cun proxecto empresarial no ámbito da formación online.
PRAZAS DISPOÑIBLES
Terán prioridade docentes que actualmente están impartindo ou teñan acordado impartir nos próximos meses formación dentro do Plan de Accións Formativas para Desempregados.
METODOLOXÍA E CONTIDOS
MÓDULOS FORMATIVOS
-
MÓDULO 1
Reset - eLearning - Recursos - Ferramentas online
-
MÓDULO 2
Sesións Virtuais
-
MÓDULO 3:
Contidos dixitais
-
MÓDULO 4
Humanización - Comunicación online
-
MÓDULO 5
Deseño de actividades - Avaliación online

Inicio
Finalización
Modalidade
Acceso
Obxectivos
-
Coñecer as bases para transformar a formación en modalidade presencial á modalidade presencial virtual.
-
Transpoñer as metodoloxías actuais dos formadores a entornos virtuais.
- Reducir a curva de aprendizaxe dos formadores a través de coñecemento e ferramentas dixitais.
- Crear unha comunidade de coñecemento de formadores
de duración
> 20 horas de
Deselvolvemento de
online
EQUIPO DOCENTE
INSCRÍBETE
- Envía os teus datos a través do formulario desta páxina web
-
Recibirás un email con indicacións adicionais e o enlace para a solicitude de praza, na que deberás adxuntar a seguinte documentación:
- CV.
- Copia do DNI ou tarxeta de residencia.
- Documento acreditativo de estar impartindo formación do plan AFD, de ter un compromiso de impartición ou de habelo impartido dende 2018.
- De ser oportuno, memoria xustificativa do proxecto empresarial emprendedor no ámbito da formación online. - O venres 19/06 pola maña enviaremos un email aos candidatos admitidos ou en reserva. O día 22/06 farase ao resto de solicitantes.
- O luns 22/06 comeza a formación dos #FormadoresDixitais
